Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A FLOR DA AUGA

por VV.AA.
€16,40
ISBN 9788497824286

Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas.

 Recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais.

A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar. A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobr vidas de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real..., e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ARREPÍOS E OUTROS MEDOS

    ARREPÍOS E OUTROS MEDOS

    VV.AA.
    €16,40

    Historias galegas de fantasmas e de terror.Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, reco...

    Ver todos os detalles
  • VIGO, PURO MILAGRE

    VIGO, PURO MILAGRE

    Manuel Bragado
    €17,50

    Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como...

    Ver todos os detalles
  • SOL DE INVERNO

    SOL DE INVERNO

    Rosa Aneiros
    €23,15

    2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 2009 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009   Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Ane...

    Ver todos os detalles
  • TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    Xoana Torres
    €30,00

    Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un ...

    Ver todos os detalles
  • AMOR DE ARTUR

    AMOR DE ARTUR

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lene...

    Ver todos os detalles