Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A EVA FUTURA

€15,50
ISBN WP2179
A Eva futura, aparecida en 1886, está considerada unha das obras máis destacadas da literatura simbolista francesa. Nela Villiers converte o científico Edison nun personaxe idealista e sarcástico, en condicións de crear unha muller ideal movida pola electricidade.

A Eva futura, aparecida en 1886, está considerada unha das obras máis destacadas da literatura simbolista francesa. Nela Villiers converte o científico Edison nun personaxe idealista e sarcástico, en condicións de crear unha muller ideal movida pola electricidade. Polo título e polo discurso técnico, o autor parece vincular a novela co xénero da anticipación científica, asociada daquela a Verne, consideración que influíu de maneira negativa na súa recepción. Estamos, en palabras do autor, perante unha «obra de arte metafísica»; quen espere unha narración lineal cargada de peripecias, ficará decepcionado; porén, nela atopará tópicos decadentistas como o culto á artificialidade, a condena da mentalidade burguesa e o desafío sacrílego ao poder divino, xunto cunha abraiante ramificación temática: o evidente discurso misóxino (fondamente ligado á vida persoal do escritor), o papel da ilusión no amor, os efectos da crenza cega no progreso, ou reflexións sobre a beleza, a filosofía, o cientifismo e o materialismo de finais do século XIX. Mallarmé destacou a súa feroz ironía e recoñeceu o autor como mestre do idealismo, como tamén fixo Huysmans. Atópanse ecos de A Eva futura en creacións tan diversas como o robot feminino de Metropolis (1927) de Fritz Lang, ou na canción «Hadaly» de Radio Futura.

____

También te podría interesar...

  • A FROITA DO COÑECEMENTO

    Liv Strömquist
    €19,90

    A vulva contra o patriarcado. Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremenda...

    Ver todos os detalles
  • THÉRÈSE DESQUEYROUX

    François Mauriac
    €15,00

    Thérèse Desqueyroux, publicada orixinalmente en 1927, é a obra máis celebrada de François Mauriac, escritor distinguido co Nobel de Literatura en 1...

    Ver todos os detalles
  • OS TARDEIROS

    Anita Brookner
    €15,00

    Con Os tardeiros, novela que Brookner consideraba a mellor da súa produción, asistimos a máis de medio século de amizade entre Hartmann e Fibich, d...

    Ver todos os detalles
  • A INFANCIA DUN XEFE

    A INFANCIA DUN XEFE

    Librería Abrente
    €12,00

    Apareceu por vez primeira na compilación intitulada Le Mur (1939). Para desgraza de personaxes tan sinistros coma o pronazi Robert Brasillach, que ...

    Ver todos os detalles
  • AVELAIÑÁS ELÉCTRICAS

    Sica Romero
    €20,00

    O estilo de Sica Romero é rápido, fluído. Encaixa perfectamente coas novas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos observar ag...

    Ver todos os detalles