Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A DESVÉRTEBRA

€16,00
ISBN 9788494993114

Ana Romani levaba unha década sen publicar un poemario pero a espera pagou a pena porque A desvértebra  supón un xiro revelador na súa obra e descubre novas vertentes e expresións dunha poeta que xa é, en por si, unha das voces máis admiradas da poesía galega contemporánea. Estamos ante un libro que imbrica a trascendencia co humor, a postura de radicalidade ética coa máis fina ironía ata conseguir un dos títulos máis relevantes que se publicaron en Galicia nos últimos anos.
O libro chega acompañado dunha experiencia singular que a poeta desenvolve xunto a Chus Silva, músico e integrante do proxecto de electrónica musical Aparato, co que traballou nos últimos anos. Xuntos estrearon xa o pasado ano a peza “2% un recital para esquecer” no Festival Alguén que respira, do que forman parte como creadores de espazos sonoros.
A desvértebra é un territorio literario, xeográfico e político que Ana Romaní cartografía co rigoroso instrumental do poema, convertido aquí na substancia dun corpo común, social, inmobilizado, pero tamén nun exercicio liberador de ironía e irreverencia paródica. En A desvértebra todo semella estar a caer e nese abismo conflúen tempos e espazos. Os seus exhaustos organismos, sometidos ao escrutinio, ao control, á disección, á disciplina, aos mecanismos diarios da vixilancia, explotación e espolio, parecen subsistir nos ámbitos sitiados por unha autoridade que se arma nos discursos, con estratexias despregadas no emocional, no intelectual e no físico. E aínda na crueldade táctica disciplinaria e nos espazos cotiáns onde se manifesta tentacular ese dominio, Ana Romaní fai emerxer orografías imprevistas, outras formas da materia vibrante, acaso a vida.

____

Editorial: Chan da Pólvora
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A POESÍA DAS DIVERSIDADES

    Raña, Román
    €20,00

    (Os poemarios que lemos en 2020). Román Raña encargouse de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega. O ...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • SIMÚN

    Nuria Vilán Prado
    €18,00

    “neste lugar / hai unha certa violencia na forma de articular a palabra / verdade”, escribe a autora nesta sorprendente estrea literaria. Simún non...

    Ver todos os detalles
  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • DE CERTO, A VIDA ÍA EN SERIO

    Xela Arias
    €17,00

    A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, “Chan da Pólvora” reconstrúe a personalidade e a obra de Xela Arias nunha antoloxía d...

    Ver todos os detalles