
Xosé Ripalda recolle neste libro o máis salientable deste mundo cultural tan noso, xa que en Galicia o cultivo do millo, trigo e centeo foi moi importante, do que dan proba a cantidade de muíños que existían a carón dos ríos e regatos. Arredor destes cereais xira unha serie de actividades que dan lugar ao que se chama a “Cultura do pan”.
____