Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A CLASE

€19,50
ISBN 9788497829427
Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.

"Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba."Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS

    Antía Cal
    €18,65

    A pedagoga progresista galega que defendeu a educación laica e igualitaria en plena ditadura. Relato vital dunha muller galega do século XX. Co me...

    Ver todos os detalles
  • O CASTELO DOS CÁRPATOS

    O CASTELO DOS CÁRPATOS

    Librería Abrente
    €14,50

    Jules Verne artella O castelo dos Cárpatos a modo de sátira das crenzas e supersticións populares, o cal non empece que nalgúns andeis o libro apar...

    Ver todos os detalles
  • O LECTOR

    Bernhard Schlink
    €15,00

    Cun propósito catártico, Michael Berg plasma por escrito a historia que, na adolescencia, o vinculou para sempre con Hanna Schmitz, a muller coa qu...

    Ver todos os detalles
  • PENSA NAO

    PENSA NAO

    Anxo Angueira
    €17,00

    Premio Xerais de Novela, 1999   En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sern...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles