Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A BOCA CHEA DE TERRA

€14,00
ISBN 9788492866380
Un home ao que se lle diagnosticou unha enfermidade terminal decide tomar un tren cara ao seu Montenegro natal coa intención de pasar alí os seus últimos días. Porén, a medio camiño aproveita unha parada para baixar do tren e penetrar no bosque co desexo de atopar alí a morte. O seu encontro con dous cazadores porá en marcha unha concorrida persecución na que se dirimirá se conta ou non co dereito a elixir libremente a forma en que desexa acabar coa súa vida.

Narrado dende o punto de vista do perseguido e dende o dos perseguidores, A boca chea de terra constitúe un relato kafkiano, no cal unha situación aparentemente absurda é levada ata o límite. Cunha linguaxe alucinada e vertixinosa, Šćepanović crea nestas páxinas unha metáfora sobre o sentido da vida e o enfrontamento entre o individual e o colectivo arredor do momento íntimo da morte.

____

Editorial: Rinoceronte 2012

Idioma: Galego