Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ANTESALA LUMINOSA

€16,65
ISBN WP2793
O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno –a loucura– como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

____

También te podría interesar...

  • UN HOME ESTRAÑO

    UN HOME ESTRAÑO

    Antonio Tizón
    €17,00

    O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquite...

    Ver todos os detalles
  • OS INCURÁBEIS

    OS INCURÁBEIS

    Antonio Tizón
    €18,30

    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha n...

    Ver todos os detalles
  • CORREDORES DE SOMBRA

    CORREDORES DE SOMBRA

    Agustín Fernández Paz
    €13,50

    Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous...

    Ver todos os detalles
  • NAS CATACUMBAS

    NAS CATACUMBAS

    Xavier Alcalá
    €15,50

    Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión...

    Ver todos os detalles
  • CINZA

    Manel Cráneo
    €27,00

    Cinza é a adapatación de Manel Cráneo do long-seller A nosa cinza, de Xavier Alcalá,con máis de 80000 exemplares vendidos. Conta a vida de Xoán, un...

    Ver todos os detalles