Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN RUÍDO PROVOCADO (R). VOCES ARREDOR DE LUÍSA VILLALTA

€16,95
ISBN 9788484876816

Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromisos, o agarimo das amigas, a posta en valor do seu culturalismo e a visibilización do pouso que deixou en diferentes ámbitos.

Nelas, a lectora e o lector atento poderán descubrir por si mesmos as arestas dunha autora que non renunciou a ningún xénero literario nin a comprometerse coa sociedade que lle tocou vivir. Marta Dacosta, Francisco Fernández Naval, Alexandrina Fernández Otero, Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Rosalía Fernández Rial, Maribel Longueira, Antía Otero, Roberto Pascual, Montse Pena Presas, Ana Pillado, Susana Sanches Arins e Cesáreo Sánchez Iglesias achégannos a unha das poucas creadoras galegas que, á vez que se introduciu no ámbito da ficción, reflexionou sobre ela. Escoitemos, porque todos os ruídos resultan ser provocadores

___

Editorial: Laiovento 04-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • DESVELANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA

    FRANCISCO RODRÍGUEZ
    €15,00

    NOVIDADE Un libro en que o autor continúa o esforzo por restaurar a verdadeira Rosalía.  Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeir...

    Ver todos os detalles
  • CANCIONEIRO DO CAMIÑO

    Manoele de Felisa
    €30,00

     Libro CD de 18 cancións con poemas de diversos escritores galegos. Fina Casalderrei, Xosé Luna, Armando Requeixo, Rosalía Morlán, Marica Campo, He...

    Ver todos os detalles
  • TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    TEIXIDO.SAN ANDRÉS DE LONXE

    Xoana Torres
    €30,00

    Mitos e ritos. Cómpre entendelo como unha achega de carácter etnográfica moi valiosa. Articúlase, daquela, a través de dous eixes que son, por un ...

    Ver todos os detalles
  • COUSAS DE FARRUCO

    Farruco
    €17,60

    Son Farruco Louro Lestedo, e alá polos anos sesenta do século pasado fun concibido nos miolos dun urbanita chamado Xosé Luís Bernal....

    Ver todos os detalles
  • ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS

    Antía Cal
    €18,65

    A pedagoga progresista galega que defendeu a educación laica e igualitaria en plena ditadura. Relato vital dunha muller galega do século XX. Co me...

    Ver todos os detalles