Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UBASUTE

€12,00
ISBN 9788411761949

Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén.
Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos.
Ademais, no teatro, tamén as pantasmas cobran vida diante dos nosos ollos.

GALARDOADA CO PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2023

PAULA CARBALLEIRA (Maniños, Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía e cun curso de Especialización en Arte Dramática, narradora oral profesional desde 1994, actriz, directora e escritora. Candidata dous anos consecutivos ao Astrid Lindgren Memorial Award, ten unha ampla produción literaria en narrativa e teatro, aínda que tamén escribe poesía e ensaio. Moitos dos seus libros foron premiados e traducidos a diferentes idiomas. Como actriz, é membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996 e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como dramaturga recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023 por As alumnas, publicado en Editorial Galaxia, onde tamén publicou Daniel no peirao (2023), un texto de teatro infantil arredor dun episodio da infancia de Castelao, ademais de Nunca mascotas (2016), O lobishome de Candeán (2012) e As outras historias (2011), entre outros.

____

Editorial: Galaxia 03-2024

Idioma: Galego