Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRES LOGOMONOS. COLGADOS. PISADOS. SNAKIZADOS

€14,00
ISBN WP1351
COLGADOS "Non che digo que o seu era o de colgarse? "A las cinco de la tarde subía con toda la muerte a cuestas"... ao faiado. Á hora dos touros! Aquilino era forte coma un boi.

COLGADOS "Non che digo que o seu era o de colgarse? "A las cinco de la tarde subía con toda la muerte a cuestas"... ao faiado. Á hora dos touros! Aquilino era forte coma un boi. Mentres a xente de idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedaba a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nas entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben a que me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabís ou un rauto como vulgarmente se di..." PISADOS "Pois o zapato dixo claramente, "chan, chan"... E logo que pensan que había dicir un zapato posto a falar en galego se non é "chan, chan"? Non vai dicir "suelo, suelo"... Que "suelo"?, "suelo pisar mierda cuando miro para el cielo"? É moito máis difícil... Ademais, se o primeiro que ve un zapato cando esperta é o chan para que vai dicir "suelo", é antinatural, por moito decreto que lle obrigue a falar así a un zapato. Hai que poñer os pés no chan. É de sentidiño común..." SNAKIZADOS "Que vou na na, nara na, nana, nará, naná... nacer dunha puuuu, que vou nacer dunha puu...nta tacón... Grooou! Auuuú! Auauarrr! Xoooó!... Non podo, non podo comigo mesmo, ai aiai!... Silencio! Todos ao cha cha chan... Bailas? Agora non é o momento, non ves que estou nacendo?... Afasta de min este... Gragh, gragh! Ca ca cala corvo... Nevermore... Vou vou na nanai, nanai do dengue, dengue, na nacer dunha puu, puag!... Ao gran!... Vou ir ao gran dunha puuu, dunha puuuuu ta, ta, ta, tatatatatá!... Tatatatatá! Seica el soíño matou cento vinte e dous..."

____

También te podría interesar...

  • AS MIÑAS ESTÚPIDAS IDEAS

    ZANNONI, BERNARDO
    €19,50

      A fabulosa novela debut do escritor italiano Bernardo Zannoni, gañadora do premio Campiello, un dos máis prestixiosos das letras italianas. O pro...

    Ver todos os detalles
  • O CAMIÑO

    Marisa Núñez
    €14,90

    O camiño é longo.Ás veces vai dereito; ás veces, torto…Nalgunha ocasión sentes que alguén avanza a carón de ti e vas alegre, ao seu paso, co...

    Ver todos os detalles
  • REMEXIDO DE PATACAS

    REMEXIDO DE PATACAS

    Eli Ríos
    €12,00

    Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira...

    Ver todos os detalles
  • O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS

    O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS

    Paco Rivas
    €12,00

    Deitou no lenzo pinceladas afervoadas... ardorosas... de afeites... de adobíos... E mesturou cores nun relanzo da brisa... cop incel dunha lanceira...

    Ver todos os detalles
  • CANTO RUIDO!

    José Campanari
    €8,10

    O noso protagonista quere durmir, pero os ruídos cotiáns non lle deixan. Escoita o zzz-zzz-zzz! dos ronquidos da súa nai; o clin-clin-clin! da avoa...

    Ver todos os detalles