![TEATRO GALEGO 1915-1931](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/5610dd1062d3ab533f8b4569.__RSF640x640_246x375.jpg?v=1662123104)
A historia do Teatro Galego é aínda unha das materias pendentes da nosa crítica literaria. Cada estudioso aportou a súa propia periodización, aspirando a cubrir os desaxustes e incoherencias que atopaba na breve historiografía dramática, nun intento de racionalizar unha serie de datos e datas que semellaban dislocados.
Este libro non é un intento máis. Sen prescindir da tradición historiográfica, a autora deste traballo volveu ás fontes orixinais, ás publicacións periódicas e aos arquivos públicos e privados, para comprobar que todos eses datos eran certos, e así puido documentar que moitas das “verdades” admitidas como incuestionábeis pola crítica estaban erradas.
_____
Editorial: Laiovento 1997
Idioma: Galego