Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RASTROS

€10,00
ISBN 9788412425826
Polas características dese rastro, desas pegadas, pódese saber
como e quen era a persoa ou animal que as deixou, cal a razón de ser
do seu paso polo tempo e pola historia e cal o tempo e o devir histórico
no que ese rastro foi deixado. Se é que deixou algún.
Convencidos de que o teatro, ademais desa forma de expresión á
que ningunha cultura que se queira viva pode ou debe substraerse, é
tamén un valioso instrumento dende o que reflexionar sobre o presente,
Roberto Vidal Bolaño segue o rastro, a pegada, que o noso
paso pola historia está a deixar nalgúns dos que, para ben ou para
mal, contribuímos a conformar o presente. E por outro o que esa historia
deixou ou pode estar deixando en nós.
O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca,
durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun
desenlace incerto, os tres homes cos que compartiu os seus sentimentos,
os seus soños e as súas ilusións. Ela é unha muller de volta
xa de todos os camiños. E eles: Un escritor de novelas ás que como
lector nunca lle metería o dente. O especialista en estructura económica
que vende máis electrodomésticos ao semestre. E un preso independentista
membro do Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe.
Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas
e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida
en común se deu, relembran o que foi a súa exitencia e as razóns que
levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde hoxe está.
Unha mirada sobre nós mesmos, feita dende o envés. Dende o
outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non
sempre se nos deixa ver.

____

Editorial: Positivas
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • LUÍS GONZÁLEZ PALMA

    LUÍS GONZÁLEZ PALMA

    LUÍS GONZÁLEZ PALMA
    €9,90

    Aquí, unha breve historia que resulta nestas representacións de cadeiras baleiras, santos varóns e damas oníricas.LECTURA ÍNTIMA Aínda nos queda pr...

    Ver todos os detalles
  • NON SEI CANDO NOS VEREMOS

    NON SEI CANDO NOS VEREMOS

    Anxo A. Rei Ballesteros
    €16,50

    Un relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as for...

    Ver todos os detalles
  • SOMOS DE ARXERÍS

    SOMOS DE ARXERÍS

    Xosé Carlos Carracedo Porto
    €13,00

    A persoa que escribe e a que ilustra estas páxinas viñeron ao mundo por primeira vez nun luscofusco. De Xosé Carlos sábese que naceu chorando tanto...

    Ver todos os detalles
  • RESISTENCIA

    RESISTENCIA

    Rosa Aneiros
    €20,60

    16ª Edición - Premio Arcebispo Juan de San Clemente, 2003   Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percor...

    Ver todos os detalles
  • O INVERNO AUSENTE

    Fernando Martínez Vilanova
    €18,00

    Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e ...

    Ver todos os detalles