Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

QUE CABE NUN CALCETÍN

€11,75
ISBN 9788416834655

Unha divertida aventura chea de maxia e enredos para rir e xogar ao teatro.

Que cabe nun calcetín? Todo o que poidas imaxinar! A comezos de xaneiro, a bruxa Befana enche os calcetíns de Italia con comida, agasallos e lambonadas. Por iso Colombina, unha rapaza moi astuta, argalla un plan para atrapar a Befana e non volver pasar fame. Non conta con que Arlequín, áxil coma un gato, o laretas Polichinela, o Capitán fanfarrón e o avarento Pantalone tamén van querer capturar a bruxa. Pero... non é tan doado apresar alguén que leva a maxia nos zapatos.

____

Editorial: OQUELEO 10- 2024
Idioma: Galego