Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PODER NON E QUERER

€16,40
ISBN 9788411760614

 Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables… e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da súa historia familiar.

Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres máis queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.

Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brío e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actúan.

____

Editorial: Galaxia 08-2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • FORA DE CAMPO

    Fernández Rial, Rosalía
    €10,50

    Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do eq...

    Ver todos os detalles
  • NA CERNA DA SELVA

    Pere Tobaruela
    €13,40

    Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de María Solar.  Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da histor...

    Ver todos os detalles
  • ADIÓS MARÍA

    ADIÓS MARÍA

    Xohana Torres
    €20,00

    Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías. O retrato dun tempo q...

    Ver todos os detalles
  • O NOSO SAMAÍN

    O NOSO SAMAÍN

    Birott Bermejo, Loretta
    €13,50

    Benvidos a unha das noites máis especiais do ano. Imos coñecer o Samaín, unha festa chea de máxia, onde case todo pode acontecer.O NOSO SAMAÍN, non...

    Ver todos os detalles
  • UNHA CHEA DE FAMILIAS

    UNHA CHEA DE FAMILIAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €19,20

    Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra q...

    Ver todos os detalles