Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ICARAS

€11,50
ISBN 9788411761956

PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022

Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capaces de voar?

CARLOS LABRAÑA é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan demaneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria, pódense salientar: O valo, sobre o drama dos refuxiados; Moito
Morro Corporation Sociedade Ilimitada, comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro, 2017),
O Apalpador, sobre o personaxe central do Nadal galego; Estrelecer, peza de misterio con reivindicación feminista (Lecturas dramatizadas da SGAE), Contra o reloxo, que fala do tempo e da perda (Premio Martín Sarmiendo, 2023), Estrela... Fugaz?,sobre a identidade de xénero, e Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), texto para a recuperación da memoria histórica democrática. En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súa facetas como actor e
director.

MARA MÉNDEZ GARCÍA naceu en Vigo en 1995. Dende moi cativa xa andaba rodeada de libros e lapis. Estudou banda deseñada e libro ilustrado no Garaxe Her mético, e ao rematar a súa formación comezou a traballar como ilustradora, participando en varios proxectos de banda deseñada cos seus compañeiros da escola, como, Florencio, A Illa de

San Simon, As 9 Cruces, entre outros. Tamén ilustrou algún traballo para Os Estados Unidos como: Trim Season NYCC Ashcan, de Scout Comics.

____

Editorial: Galaxia 03-2024

Idioma: Galego