Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O HEROE

€19,95
ISBN 9788497823715

Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona.

Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. Caronte arras-tra o culto á pena de Marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo.

____

Editorial: Xerais 10-2005
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • ARRAIANOS

    ARRAIANOS

    X. L. Méndez Ferrín
    €16,65

    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro,...

    Ver todos os detalles
  • EN SALVAXE COMPAÑA

    EN SALVAXE COMPAÑA

    Manuel Rivas
    €22,95

    Premio da Crítica Galega (Creación), 1994 Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero ...

    Ver todos os detalles
  • OS EXILIOS QUE SOMOS. [FOTOPOEMAS].

    OS EXILIOS QUE SOMOS. [FOTOPOEMAS].

    Irene Tomé
    €13,00

    Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é ...

    Ver todos os detalles
  • AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    AGUILLÓNS DE ORTEGAL

    Hixinio Puentes Novo
    €21,35

    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada nos tempos da Primeira Guerra Mundial, ...

    Ver todos os detalles