Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MEMORIAS DA ÁRBORE DA NOITE TRISTE ÚLTIMO ACTO DE DON RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN

€12,50
ISBN 9788416460502
Don Ramón del Valle-Inclán agoniza nunha das habitacións do sanatorio de Villar Iglesias en Santiago de Compostela. É o 5 de xaneiro de 1936. Nestas horas derradeiras xorden diante da súa figura protagonistas da súa vida –familia e amigos– mais tamén personaxes das súas obras.

Todos eles dialogan nun mundo mesturado de vida real e ficción. Velaquí o inicio desta peza teatral que é así mesmo pura literatura. Son as Memorias da árbore da noite triste, que fan referencia a unha árbore real, baixo a que Hernán Cortés chorou a súa derrota ante o pobo indíxena mexicano. Un antepasado de Valle morrera naquela batalla. Este último acto de don Ramón, escrito pola actriz e directora teatral Fátima Rey, destila dinamismo, forza nos diálogos e sabia recreación de ambientes. E penetra, dun xeito novo, na vida e obra dun dos máis grandes creadores das letras hispanas. A compañía Tatana Teatro porá en escena esta obra, que percorrerá os escenarios da provincia de Pontevedra desde o 28 de outubro de 2018. Fátima Isabel Rey Blanco (Cambados, 1983) é actriz, directora e profesora de teatro. Cursou a carreira de Arte Drámatico en Madrid e regresou ao país para desenvolver en Galicia a súa profesión. A súa labor docente e divulgativa foi moi intensa dende os seus inicios artísticos, espallada por centros educativos, asociacións de pais e nais, e colaborando con diversas entidades e institucións. Foi directora da Escola de Teatro Valle-Innova (Fundación Valle-Inclán), directora da Escola de Teatro Municipal de Catoira (Úrsula Teatro) e da Semana do Teatro da Romaría Vikinga do mesmo concello. E creou a súa propia compañía teatral, Tatana Teatro. Este é o seu primeiro libro de teatro, logo de anos de achegamento á escrita e á vida e obra de Valle-Inclán, e despois de centos de actuacións no mundo da escena.    

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego