Manuela Rey naceu en Mondoñedo no ano 1842. Sabemos que sendo nena acabou
—non se sabe como— nunha compañía dramática itinerante e representou e León, Palencia, Bragança, Valença, Viana e Porto. Sendo moza, chegou a Lisboa e converteuse na primeira actriz do primeiro elenco estable do Teatro Nacional Dona Maria II.
Morre en Lisboa en 1866. O resto é un misterio que se perde no tempo e nas táboas dos lugares onde representou.
Como pode ser que non coñecese esta muller? Pobre rapaza, vaia vida levou!
Expresións recorrentes cando alguén descobre a figura de Manuela Rey. Este texto nace da necesidade de dar a coñecer a Manuela e celebrar a súa vida porque é coma un pequeno tesouro agochado do noso patrimonio. Tivo unha vida breve, intensa e difícil, pero tamén chea de luz e talento. Talento que deixou nos seus escritos e luz que irradiaba na escena, segundo as crónicas da época.
___
Editorial: Positivas 03-2024Idioma: Galego