Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LÚAS DO ORZÁN

€23,95
ISBN 9788484876915

Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega.
A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, fixando o horror como característica da nosa especie.
Na escolma presente, seleccionada polo propio autor, inclúense: "CARTA A MARÍA CASARES", un prólogo que denuncia o maltrato ao teatro en Galiza; "Como Jekyll e Hyde", "A Vía Láctea" e "Tatuaxes", que abordan os aspectos destrutivos do amor; "Materna", que trata os conflitos entre nais e fillos; "animal VACÍO", un cántico desesperado nacido entre ruínas; "Ollos", sobre a alienación no “primeiro mundo”; e "Danza da mentira", onde emerxe a barbarie.
Dende os seus comezos literarios, Pisón abandona os medios tradicionais do teatro, sentindo que obstaculizan a súa expresión. Algúns críticos incluso consideran que moitos dos seus textos transcenden aos xéneros literarios tradicionais. Asumindo esta fractura, o autor busca provocar un cuestionamento do teatro convencional e promover a renovación dramatúrxica e escénica en Galiza.

Xesús Pisón é autor, nos seus inicios literarios, de obras burlescas como O pauto, InmortalA esencia do amor ou Ei, Feldmühle, fantasía do Valadouro con vampiros. Posteriormente deriva para o drama con Peza de FrankensteinO cuarto de Ofelia e Como Jekyll e Hyde, obras nas que o autor fai emerxer os efectos do amor e do desamor, das dificuldades das relacións humanas, etc... Máis adiante acada unha linguaxe singular en textos como A Vía Láctea e Tatuaxes, que mostran a lacerante coexistencia do amor e o odio no seo da parella ou da familia. E a seguido consuma unha escrita innovadora en Animal/Vacío, un “via crucis” que comeza no ventre materno e culmina no paralisante ventre da Tribo; e en Os ollos, que mostra unha das formas actuais de valeiramento de seres humanos. Ademais, Pisón ten publicados textos breves de diversa temática, e tamén teatro para nenos, como O xigante don Gandulfo ou Viva Peter Pan. Igualmente coñecemos diversos ensaios sobre literatura e mitoloxía que o autor vén publicando regularmente. Un exemplo deste xénero é a presente Alborada de Edipo, onde estuda o vello tema de Edipo que, en palabras do autor, “constitúe a expresión máis transcendente da natureza humana”.

____

Editorial: Laiovento 08-2024
Idioma: Galego