Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HAMLET

€17,95
ISBN 9788484876274

A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino. Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e, sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron ( e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, eo seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.


____

Editorial: Laiovento 06-2023
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACIÓN TEATRAL

    Luísa Villalta
    €13,95

    A peza O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca foi até o de hoxe moi pouco estudada e analisada. Álvaro Cunqueiro ten manifestado que a s...

    Ver todos os detalles
  • DON HAMLET

    DON HAMLET

    Álvaro Cunqueiro
    €9,70

    A relectura dun clásico convertida nunha das máis grandes pezas do teatro galego de todos os tempos.Cunqueiro revisa nesta obra teatral o Hamlet de...

    Ver todos os detalles
  • DISCURSO SOBRE A DIGNIDADE DO HOME

    DISCURSO SOBRE A DIGNIDADE DO HOME

    VV.AA.
    €15,00

    é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mun...

    Ver todos os detalles
  • A CURMÁ PHILLIS

    Elizabeth Gaskell
    €15,00

    A curmá Phillis, publicada en catro partes entre 1863 e 1864 na prestixiosa revista literaria de Londres The Cornhill Magazine, conta a historia da...

    Ver todos os detalles
  • UN MUNDO DISTINTO

    UN MUNDO DISTINTO

    Joseph Hall
    €16,00

    Obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en ...

    Ver todos os detalles