Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FENDAS. TODO SOBRE EVA

€6,00
ISBN 9788492958450

Premios Abrente de Textos Teatrais 2016

«Nesta confrontación dos tempos de inicio de dúas etapas histórico-políticas contrapostas no mesmo espazo e na mesma familia, Ernesto Is consegue amosar a traxedia da vida, e sobre todo a traxedia do silencio cando este vén imposto, cando o silencio é calar, cando de tanto calar, morre o regueiro. Prevénnos así sobre o cambio cando o cambio está máis no desexo ca nas formas; prevénnos, tamén, sobre a impotencia das accións persoais cando o sistema impón non só as súas leis senón sobre todo os seus silencios.»

Extracto do prólogo de Esther F. Carrodeguas
Dramaturga e membro do xurado do XI Premio Abrente de Textos Teatrais
Todo sobre Eva, Xandra Táboas

«O texto como pretexto foise metamorfoseando nos corpos e obxectos, tornouse brúxula, potencia e palabra silenciada, até afondar nunha realidade que impregna e conduce tan fondo que resulta aterrador entrar. Fomos paseniño, desfollando a cebola coa respiración contida, ao intuír axiña o que quixeramos agochar: TODAS SOMOS EVA. Todas nós formamos parte do epicentro da violencia: as nosas veciñas, as nosas compañeiras, as nosas amigas, as nosas nais, as nosas coñecidas e descoñecidas. Comprendimos en primeira persoa a transmisión xeracional que a sociedade patriarcal nos impuxo e viaxamos á época das nosas avoas, deixando que os anos 50 se infiltrasen no traballo, aquel tempo no que elas sufriron a súa primeira violación.»

Extracto do prólogo de Diana Mera
Directora da posta en escena de Todo sobre Eva, estreada na 33ª edición da MIT Ribadavia, o día 20 de xullo de 2017 no Auditorio Manuel María.

____

Editorial: Difusora de Letras
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • HABITAR AS FENDAS

    Gisele Mato
    €12,95

    Unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. XII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. «Habitar as fendas» é unha reflexión sob...

    Ver todos os detalles
  • NOVAS DO EXTERIOR

    NOVAS DO EXTERIOR

    Xosé Luís Santos Cabanas
    €20,00

    Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo, arrastrado polo espectáculo político construído arredor do que deron en cham...

    Ver todos os detalles
  • TERRA E TEMPO Nº 180 RESISTENCIA E EXPANSIÓN CULTURAL

    TERRA E TEMPO Nº 180 RESISTENCIA E EXPANSIÓN CULTURAL

    VV.AA
    €19,00

    Crónica do mevemento cultural galego na ditadura (1961-1976). A Fundación Terra e Tempo reflicte en Resistencia e expansión cultural, a crónica do ...

    Ver todos os detalles
  • AS CHAMADAS PERDIDAS

    AS CHAMADAS PERDIDAS

    Manuel Rivas
    €17,00

    Como cando as paredes oen aos amantes, “Así, máis, máis, máis”, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis d...

    Ver todos os detalles