Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FAISE O ESCURO

€12,00
ISBN 9788412699548

PREMIO SELIC 2022

Case nunca as cousas son o que parecen. As persoas tampouco. Unha inocente cea cun vello coñecido pode abrir as portas do abismo. Unha amizade que se transforma e nos descobre o peor rostro das relacións humanas. O pracer de someter sen máis recompensa que alimentarse da aniquilación.
E no fondo da escena un parque eólico beneficiado por unha tramitación viciada pola indiferenza de quen debía ser árbitro e garante ecuánime. Se cadra tamén pola corrupción.
A violencia soterrada no privado e no público, no interor dun piso en Compostela e nos altos monte das serras caldelás, fan abanear as vidas de Raquel, Lidia e Eva, mentres Antón explora territorios e conquista vontades.
A fluidez e o ritmo da peza e a profundidade emocional e psicolóxica das personaxes foron claves para o xurado do certame literario SELIC que premiou Foise o escuro na edición de 2022.


Editorial: Positivas 06- 2023
Idioma: Galego

 

También te podría interesar...

  • CASA DE FERAS

    Edgar Costas
    €9,20

    IV CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2021é unha fábula actual onde se abordan temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a...

    Ver todos os detalles
  • ICARAS

    LABRAÑA, CARLOS
    €11,50

    PREMIO O FACHO DE TEATRO INFANTIL 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE INVERNO

    Alberto Lema
    €19,00

    PREMIO GARCÍA BARROS 2021Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establ...

    Ver todos os detalles
  • UN SUCESO NOS ARRABALDES

    Antonio Ramos Varela
    €10,00

    TEXTOS RECUPERADOS SELIC 2021 Nun arrabalde sórdido e miserable da cidade, varias mulleres, xa consumidas polo traballo, pola vida, pola pobreza… t...

    Ver todos os detalles
  • UNHA CERVEXA CHANG

    Manuel Portas
    €18,95

    Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia.Para que non nos acabe por e...

    Ver todos os detalles