
En 1998, no edificio en que vivía daquela, suscitouse unha viva polémica sobre se un propietario podía ter unha piragua na súa praza de garaxe. En 2007 o C.D.G. encomendoume escribir-dirixir unha peza. Aproveitei para dar saída por fin a unha vella teima: botar man daquela anécdota (real aínda que pareza ficción) e utilizala como metáfora sobre a inadaptabilidade aos cambios sociais. Con esa idea e a partir dese arranque argumental, propio dunha comedia, quería que o público fose descubrindo que nunha das familias da comunidade de propietarios latexaba unha traxedia (ficticia aínda que ben real): a da violencia de xénero.
____