Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A OBRA DRAMATICA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

€26,00
ISBN 9788484872078

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.

O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2ª República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”: polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.

David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan á casa nativa para comunicarllelo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.

Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática.


____

Editorial: Laiovento 2011

Idioma: Galego