Follas novas, poemario de gran fondura e riqueza expresiva que supuxo a consagración definitiva da padronesa nas letras galegas. Nestes poemas, Rosalía convértese en cronista comprometida dos problemas da súa época, centra a súa atención nas mulleres desde unha ollada radicalmente moderna e íspese a si mesma, íntima e melancólica.
Novo volume integrado na colección promovida por El Patito Editorial, que recupera a poesía dunha muller tan fóra das convencións do seu tempo e tan universal como Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885) en edicións ilustradas por senlleiros artistas. Esta nova entrega, cuxa edición coincide coa celebración en 2012 do 175 aniversario do nacemento da autora, vai dedicada a Follas novas, poemario de gran fondura e riqueza expresiva que supuxo a consagración definitiva da padronesa nas letras galegas. Nestes poemas, Rosalía convértese en cronista comprometida dos problemas da súa época, centra a súa atención nas mulleres desde unha ollada radicalmente moderna e íspese a si mesma, íntima e melancólica. As ilustracións de Álvaro de la Vega (Paradela, 1954) afondan e dialogan cos diferentes rexistros manexados por Rosalía, nun percorrido que traduce en imaxes a súa melancolía, a súa ironía ou a súa rebeldía, revelando, unha vez máis e con grande acerto, o alcance universal e a vixencia das súas creacións.
Idioma: Gallego

____
Idioma: Gallego