
Na sección A Entrevista conversamos co antropólogo e etnógrafo Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego desde o 25 de maio de 2019. Reseñando en Lembranzas a biografía republicana en favor do Estatuto de Autonomía de Galiza de Ricardo Carvalho Calero (que xa sabemos será distinguido co Día das Letras Galegas en 2020). Museos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquero realizan unha completa achega sobre o Parque do Pasatempo (Betanzos). En Lecturas Alberte Lago Villaverde recensiona tres obras, nomeadamente Arte e escritura na Galicia Medieval de Anselmo López Carreira; Estado, Poder e estruturas políticas na Gallaecia, de Martín Fernández Calo e A invención da Gallecia e a minaría do ouro. Unha teoría sobre as orixes de Galicia, de Oscar Pazos Rodríguez. Peche este volume o medievalista Miguel García-Fernández do Instituto da Lingua Galega, quen desenvolve na sección A Rede un breve ensaio sobre as fontes documentais on-line para o estudo da Idade Media galega, a partir de Galiciana e PARES.
____
Editorial: Instituto galego historiaIdioma: Gallego