Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GRIAL 204 OUTUBRO,NOVEMBRO,DECEMBRO 2014

€12,00
ISBN WP2783
O cine galego existe Breve viaxe polos últimos 25 anos da produción cinematográfica en Galicia

O pasado 2015 foi ano de celebracións, e está ben que poidamos celebrar cousas nos tempos que corren. Cumpríanse vinte e cinco anos da estrea en Vigo (1989) das primeiras longametraxes comerciais galegas: "Urxa" de Carlos L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, "Continental" de Xavier Villaverde e "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro. Ao mesmo tempo, en novembro deste ano, estreábase no Festival Internacional de Cine de Ourense "A esmorga", filme de Ignacio Vilar, producido por Vía Láctea Films, Editorial Galaxia e a TVG, a partir da novela de Eduardo Blanco Amor. Sobre estes dous piares construímos este número de GRIAL (204): información e reflexión sobre o feito cinematográfico en Galicia, sobre as súas posibilidades como industria cultural, as súas alternativas, as súas necesidades e conquistas, as súas grandes e pequenas realidades, mesmo o seu futuro… Non se trata, como dicimos sempre, de esgotar un tema tan amplo, mais apuntar algunhas cuestións que consideramos fundamentais, non só para o cine de noso senón para a propia cultura galega no presente. Como ben dicía Carlos Velo en 1977, "o desafío da nosa lingua e da nosa cultura é o audiovisual. Ou logramos entrar nese mundo ou esmorecemos". Coas súas limitacións, coas súas dificultades, o cine galego existe. En gran medida, grazas ao entusiasmo e o talento dos seus protagonistas (directores, promotores, técnicos, actores), e nalgúns momentos coas axudas estratéxicas da Administración, como ocorre en case que todas as cinematografías. Pero o cine galego existe. Disto falamos neste número de GRIAL. Miguel Anxo Fernández, Eduardo Galán, Margarita Ledo Andión e Chano Piñeiro (traballo recuperado de 1985) abordan a cuestión dende distintas ópticas. Xosé Soutullo e Víctor F. Freixanes manteñen unha conversa con Ignacio Vilar, director de "A esmorga", e cun dos autores do filme: Antonio Durán "Morris". Na sección de Creación recollemos textos inéditos de Begoña Caamaño, a autora de "Circe ou o pracer do azul" e "Morgana en Esmelle", que nos deixou hai pouco, e un feixe de poemas de Alfredo Ferreiro. Henrique Monteagudo apunta unha reflexión documentada sobre a xénese de "En las orillas del Sar", o derradeiro libro de poemas de Rosalía de Castro, situándoo no contexto da obra xeral da autora. Xosé María Álvarez Cáccamo escribe sobre o poeta e amigo Xavier Baixeras, e Xavier Alcalá e Manuel Antonio Rei adiantan unha reportaxe que seguramente dará en novela: a presenza dos nazis na Patagonia e a súa relación coas colectividades galegas no sur da Arxentina nos anos inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial. Un tema apaixonante. Cerra o número a Carta de Escocia, que asina Xoán Antón Pérez-Lema, redactada inmediatamente despois do referendo dos escoceses pola independencia, e un traballo sobre as novas linguaxes artísticas urbanas, os graffiti, centrado neste caso na cidade de Pontevedra, traballo que asina Gonzalo García Fortes.

____

También te podría interesar...

  • GRIAL 235

    VV.AA.
    €13,00

    O audiovisual galego actual: entre o mundo paralelo e as plataformas (Xosé Nogueira) Pasaron xa vinte anos dende a presentación nesta mesma public...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 200 OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO 3013

    GRIAL 200 OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO 3013

    Librería Abrente
    €12,00

    200 números da revista GRIAL. 50 anos de Grial. Medio século de historia.Un acontecemento.Non podemos consideralo doutra maneira, e así queremos co...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 210 ABRIL,MAIO,XUÑO 2016

    GRIAL 210 ABRIL,MAIO,XUÑO 2016

    Librería Abrente
    €12,00

    Feminismo (os) Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbit...

    Ver todos os detalles
  • NOS DÍAS ENCANTADOS DE AGOSTO. UNHA BIOGRAFÍA DE JOSÉ GIL

    VV. AA.
    €20,00

    XXXVIII Premio Losada Diéguez  2023 Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o au...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 228

    VV.AA.
    €13,00

    Un século entre NósA aparición da revista Nós en outubro de 1920, da man de Vicente Risco, Castelao e Arturo Noguerol, supuxo un punto de inflexión...

    Ver todos os detalles