Revista mensual de información e opinón para o debate.
TEMPOS NOVOS chega neste mes de maio ao seu primeiro cuarto de século. Para celebralo, este número 300 de 108 páxinas leva tres especiais:
1. O PAÍS POSIBLE. O monográfico conmemorativo.
Con artigos de Natalia Nogueira (Innovación. Ciencia, tecnoloxía e industria), Francisco García Sineiro (o potencial do rural), Gonzalo Rodríguez (virando cara o mar, nunca seremos periferia), Enrique Sáez Ponte (lingua de comunicación internacional e PIB), Anna R. Figueiredo (Galicia ten nome de muller), Fernando Rendodo (o audiovisual que nos identifica no mundo global).
E un debate sobre o papel a desenvolver pola Universidade para acadar esoutro país posible: Senén Barro (ex Rector da USC), Alba Nogueira (catedrática de Dereito Administrativo), Xosé Luís Armesto (ex Rector da UDC) e Pilar Bermejo (catedrática de Química Analítica). Fixo de moderador: Paulo Carlos López (profesor de Comunicación Política).
2. LETRAS GALEGAS.
Unha entrevista inédita con CARLOS VELO : Memoria do exilio en México. A Galicia envolvente (Luís A. Pousa)
Florencio DELGADO GURRIARÁN : Retrato en claroescuro (Armando Requeixo)
Poeta sentido e construtor de galeguidade (Camiño Noia).
3. 25 ANOS E 300 PORTADAS.
Especial de 16 páxinas con tódalas capas publicadas entre maio de 1997 e maio de 2022. Testemuña gráfica e editorial, e tamén guía temática que dá fe da función de contrapoder que a revista veu desenvolvendo con profesionalidade e rigor xornalístico, demostrando que facer xornalismo de calidade (a información convertida en coñecemento), e ademais en galego, si é posible.
Editorial: Atlántica de Comunicación 2022
Idioma: Galego