Fotobiografía sonora.
Inclúe códigos QR, Música, Audiovisual, Arquivos de audio inéditos.
Animal político, Xosé Velo non foi animal de rebaño. Aínda que se mantivo até a morte na órbita do galeguismo co que comezara de mozo, puxo sempre por dainte a súa conciencia (o seu instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, malia que viviu en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior coma no exterior (co máximo protagonismo no episodio sonado do secuestro do Santa María), segue sendo un recordo borroso para os vellos, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para os máis novos....
____
Editorial: ARRAIANOS EDICIONS 01- 2023Idioma: Galego