Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TEMOS DEREITO A UN FUTURO DISTINTO. CONVERSAS CON XAVIER VENCE

€15,00
ISBN WP2562
Vence lideraba o BNG logo da ruptura de 2012, e propón a construcción dunha alternativa “que enganche detrás de si unha gran parte da sociedade. Ten que ser ambiciosa e realista para facerlle ver que é posíbel outro camiño, que hai opcións para resolver os problemas reais. O obxectivo central dun proxecto nacionalista e de esquerdas pasa por preservar e desenvolver a economía produtiva.

Engaiolarte Edicións comeza a súa andaina editorial publicando o libro do xornalista Xan Carballa, “Temos dereito a un futuro distinto. Xavier Vence, Conversas”.  O catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, aborda nesta longa conversa a súa biografía e os retos que ten Galiza: “non somos un país pobre, nin o tamaño nos impide ser donos do noso destino. A soberanía é a mellor ferramenta para preservar os dereitos sociais e laborais, crear unha banca pública, priorizar a creación de emprego e dinamizar a economía. Temos dereito a un futuro distinto e debemos sumar forzas para conseguilo”.
Vence lidera o BNG logo da ruptura de 2012, e propón a construcción dunha alternativa “que enganche detrás de si unha gran parte da sociedade. Ten que ser ambiciosa e realista para facerlle ver que é posíbel outro camiño, que hai opcións para resolver os problemas reais. O obxectivo central dun proxecto nacionalista e de esquerdas pasa por preservar e desenvolver a economía produtiva. Sen iso non se pode crear emprego, riqueza e rendas. Ter base produtiva é a clave e sen ela non hai sociedade diferente que se poida construír”.  

____