MUNICIPALISMO LIBERTARIO: AS POLÍTICAS DA ECOLOXÍA SOCIAL.
A violación de dereitos e liberdades, a aceleración da emerxencia climática ou o afastamento das institucións por parte da cidadanía son consecuencias dun sistema tóxico que só pensa no beneficio económico e que confía cegamente nun mantra imposible: o crecemento infinito, nun mundo finito.
No mundo actual a omnipresente depredación capitalista afoga cada bafo de vida. A violación de dereitos e liberdades, a aceleración da emerxencia climática ou o afastamento das institucións por parte da cidadanía son consecuencias dun sistema tóxico que só pensa no beneficio económico e que confía cegamente nun mantra imposible: o crecemento infinito, nun mundo finito.
As Políticas da Ecoloxía Social: Municipalismo Libertario é unha ferramenta clave desenvolvida meticulosamente por Janet Biehl para poder introducirnos nas ideas dunha das maiores figuras do pensamento alternativo de finais do s. XX: Murray Bookchin. Unha voz que conseguiu conformar unha vía a través da que reconfigurar o espazo do contrapoder, para avanzar cara un mundo máis xusto.
A idea de reemprazar o Estado-nación a través de asembleas populares confederadas que tomen o poder municipal vertebra a presente obra. As Políticas da Ecoloxía Social: Municipalismo Libertario dará as claves para poder conformar ese novo sistema apoiándose na explicación dos conceptos e elementos clave, así como na descrición de casos reais ao longo da historia.
____
Editorial: 13editora 03-2023Idioma: Galego