As orixes deste libro están no 18 de xullo de 2019 . Ese día , trixésimo cabodano de Xaquín Lorenzo , o noso Xocas , e por iniciativa do Sr. Presidente do Parlamento de Galcia , celebrouse en Ourense , na biblioteca da Deputación , unha sesión académica arredor da vida e a obra de D. Xaquín . Días despois D.Miguel Ángel Santalices propuxo facer un libro , este libro, a partir do exposto ese día . Por desgraza , a concorrencia de circunstancias adversas contribuíu á dilación do noso desexo , pero en troques deu ocasión de complementar o conxunto orixinal con algún outro estudo que tratase aspectos non tocados e con materiais inéditos que aumentasen o interese do volume .
Idioma: Galego
____
Editorial: Museo do Pobo Galego 03-2020Idioma: Galego