A de Lois Tobío foi unha longa e intensa vida que percorreu todo o séciulo XX (Viveiro 1906-Madrid 2003). A súa fomración académica e a súa actividade profesional, xunto cunha curiosidade intelectual de amplos horizontes e o compromiso irrenunciable co progreso da súa terra, facilitaron que puidese asistir, desde posicións privilexiadas e incluso desde observatorios inusitados, a varios dos acontecementos que marcaron a historia de Galicia no século pasado.
Os contidos dos textos de Tobío que aquí se publican apenas precisan de explicación ou contextualización histórica. Son elocuentes por si mesmos e, ao tempo, achegan información fiable. Están escritos nunha prosa directa e pouco enfática, desprovista de pecados autobiográficos, como a autoxustificación ou o axuste de contas, Son escritos breves que veñen moi ao caso para o centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), porque, para un lector actual, estas páxinas son unha excelente introdución ao que foi o labor do SEG, o seu estilo de traballo, o seu compromiso e as súas limitacións.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega 02-2024Idioma: Galego