Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN CURSO CON CARLOS OROZA

€14,00
ISBN 9788412738278

Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923û Vigo, 2015) compartiu piso por uns meses con Fernando A. Fernández Domonte, quen a través dos dez breves, divertidos e reveladores relatos que conforman este libro, nos achega ao particular xeito que o poeta tiña de encarar a vida; ao seu proverbial carácter rebelde e contraditorio, desapego polas cousas materiais e provocativo sentido do humor. O aspecto máis humano de Carlos Oroza, por veces soberbio, por veces humilde e desvalido, sempre hipercrítico e descoidado, preguiceiro no día a dia, pero temperamental e preocupado cando se trataba de subirse a un escenario, queda reflectido nestas páxinas, nas que tamén se descobren algunhas das lideiras máis íntimas e cotiás do poeta.

____

Editorial: ELVIRA 10-2023
Idioma: Galego