Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRANSITO

€15,00
ISBN 9788412771145

Trânsito é o peche simbólico que Antom Fortes fai dunha triloxía formada por Figuras masculinas de meio-corpo e Sexto fetiche, dous dos libros máis admirados da poesía homoerótica galega. Trátase dunha entrega onde o autor se demerxe na recuperación saudosa dunha biografía afectivo-sexual, convertendo o poema nunha especie de máquina emocional que nos traslada a unha época callada de dificultades no social e significada polas dúbidas de xénero no individual. Pero non só é o pasado o que abrolla por entre os escintilantes versos de Fortes, senón que Trânsito é unha obra xurdida no presente e marcada por unha crise de saúde e de idade. Nese sentido, responde tamén á necesidade dun exercicio de memoria terapéutica fronte á morte.

Antom Fortes Torres (Sarria, 1957) atravesa ao longo da súa traxectoria a poesía, a literatura infantil e xuvenil, a tradución e tamén a escrita de guións. Actualmente forma parte do grupo das Lupercais. A súa obra inclñue títulos como Figuras masculinas de meio-corpo, Sexto fetiche, Ofelia sen dó ou Gris Cinza. No ámbito das obras dirixidas ao público xuvenil, figuran Caderno animalista, Fume ou Á sombra dos anacardos.

Tres poetas en estado de plenitude: Antom Fortes, Genaro da Silva e Luís López Alonso.

Son tres poetas en estado de plenitude. Tres poetas amigos e unidos polo colectivo das Lupercais de Lugo. Tres poetas que exploran novas latitudes, cada un nunha dimensión singular, sexa coa ironía escéptica de Genaro da Silva, a nostalxia decadentista de Antom Fortes ou a conceptualización radical de Luís López Alonso. Chan da Pólvora une os seus destinos publicando a un tempo, e dentro da colección Sentulo, os seus traballos, que se unen ao volume colectivo das Lupercais aparecido o pasado ano. Os tres títulos que conforman esta entrega son Trânsito de Fortes, Gacela de Da Silva e Salífero de López Alonso, que se reedita agora coas fotos de Rafael Mallo, realizadas para o orixinal pero ata agora inéditas. Os libros preséntanse simultaneamente este venres 1 de marzo na Casa D’Agua de Lugo (Rúa do Miño, 30) nun acto que comezará ás oito da tarde.

____

____

Editorial: Chan da Pólvora  03-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • TEATRO DE GUIÑOL

    TEATRO DE GUIÑOL

    Librería Abrente
    €20,00

    Teatro de Guiñol presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María, o que xa constitúe un garante de éxito entre o púb...

    Ver todos os detalles
  • OS ELEFANTES DE SOKÚROV

    OS ELEFANTES DE SOKÚROV

    Librería Abrente
    €23,50

    A historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • TINTA

    TINTA

    Inma López Silva
    €14,75

    Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asun...

    Ver todos os detalles
  • O INVERNO AUSENTE

    Fernando Martínez Vilanova
    €18,00

    Dende finais do século XIX ata mediados do XX en Galiza produciuse un desprazamento forzoso e masivo de mocidade que fuxía da penuria económica, e ...

    Ver todos os detalles