Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS

€12,50
ISBN 9788491213321
"Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros.

"Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • SAROU LOUZÓS

    SAROU LOUZÓS

    Ramón Caride
    €17,00

    Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous luga...

    Ver todos os detalles
  • IMAXINANDO UN MUNDO NOVO (PARA TI)

    Paco Ortega
    €15,90

      IMAXINEI PARA TIUN MUNDO NOVO,NO QUE POIDAS MEDRARSENDO FELIZ…ENCANTARACHE porque, aínda que non vivimos nun mundo perfecto, a vida sempre nos of...

    Ver todos os detalles
  • UN PEIXE NO PARQUÉ

    UN PEIXE NO PARQUÉ

    Ramón Vilar Landeira
    €17,30

    Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla. A medio camiño entre a novela e o libro de relatos...R...

    Ver todos os detalles
  • A CASA SEN NÓS

    A CASA SEN NÓS

    Xaime Toxo
    €12,00

    Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidi...

    Ver todos os detalles
  • TINTA

    TINTA

    Inma López Silva
    €14,75

    Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asun...

    Ver todos os detalles