Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SALÍFERO

€15,00
ISBN 9788412771152

Salífero é un estado que vai alá da consciencia. Un espazo entre varios ámbitos. Un fluír que nos envolve e arremuíña. Unha loita entre a palabra e o seu significado. Unha voz que borboriña desde o lugar profundo onde comeza a vida. Luís López Alonso construíu este libro coa determinación de inzar unha obra conceptual, destinada a ser compartida. Comezouno en 2010 e rematouno en 2018, durante un período de convivencia con Genaro da Silva. Boa parte dos poemas xurdiron dun «estar poético» –case novoneyriano– en lugares como a Ribeira Sacra, a Raia húmida do Miño, Arousa, Granada ou o Kuršių marios de Lituania, sempre co mar presente. É un libro que tamén lle debe moito ás lecturas teimudas de Jean Bollack, Arnau Pons, Peter Szondi ou Hans-Georg Gadamer, á Lingüística e ao estudo do código lingüístico galego-portugués.

Luís López Alonso (Sarria, 1977) é boticario, lingüista e escritor. Traballa como profesor e investigador da área de Lingüística xeral do departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Colaborou en diversas publicacións, residencias e intervencións, entre elas a Revista dos tr3sreinos, a residencia Rosalía en Camiño da Fundación Rosalía de Castro e a residencia Ámeto Mítico da Fundación Uxío Novoneyra. Ademais de Salífero, publicou varias obras colectivas e a peza multidisciplinar Salífero opus #, baseada no poema homónimo e creada en colaboración co fotógrafo e músico Rafael Mallo. Formou parte de Lupercais (Unha antoloxía posible), publicada tamén por Chan da pólvora (2023). Creou e guionizou a serie televisiva Cocorico (RTVG e OQO filmes).

Tres poetas en estado de plenitude: Antom Fortes, Genaro da Silva e Luís López Alonso.

Son tres poetas en estado de plenitude. Tres poetas amigos e unidos polo colectivo das Lupercais de Lugo. Tres poetas que exploran novas latitudes, cada un nunha dimensión singular, sexa coa ironía escéptica de Genaro da Silva, a nostalxia decadentista de Antom Fortes ou a conceptualización radical de Luís López Alonso. Chan da Pólvora une os seus destinos publicando a un tempo, e dentro da colección Sentulo, os seus traballos, que se unen ao volume colectivo das Lupercais aparecido o pasado ano. Os tres títulos que conforman esta entrega son Trânsito de Fortes, Gacela de Da Silva e Salífero de López Alonso, que se reedita agora coas fotos de Rafael Mallo, realizadas para o orixinal pero ata agora inéditas. Os libros preséntanse simultaneamente este venres 1 de marzo na Casa D’Agua de Lugo (Rúa do Miño, 30) nun acto que comezará ás oito da tarde.

____

Editorial: Chan da Pólvora  03-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • GACELA

    Da Silva, Genaro
    €15,00

    Genaro da Silva nunca se distanciou tanto nin estivo tan próximo de si mesmo como neste libro irónico e fondo, íntimo e ficcional. Tras desenvolver...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • O CORAZÓN DE XÚPITER

    O CORAZÓN DE XÚPITER

    Ledicia Costas
    €13,50

    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do ...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS 3

    VV AA
    €15,00

    Revista estudios rosalianos. ARTIGOSOs epígonos das Irmandades da FalaXosé Ramón Barreiro Fernández, Universidade de Santiago de Compostela A Glor...

    Ver todos os detalles
  • PRIMAVERA A CAMAREIRA, O CUARTO E O LIBRO DE POEMAS

    Fernández Davila, Fran
    €16,00

    VIII PREMIO ANTÓN RISCO DE NOVELA CURTA. A obra amosa unha gran sensibilidade tanto no relativo á situación social que reflicte coma cara a  litera...

    Ver todos os detalles