Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

QUERÍA CONTARCHE O QUE È UNHA CASA

€17,00
ISBN

A aposta de Chan da Pólvora pola poesía para crianzas acrecéntase con Quería contarche o que é unha casa, onde conflúen dúas experiencias paralelas de maternidade, a da poeta María do Cebreiro no proceso que a fixo nai e a do pintor Antón Lamazares na perda da súa, unha muller que contaba máis de cen anos. O resultado é insólito, tanto polo intento dos dous artistas por conectar coa infancia a través dunha obra conceptual e abstracta, como pola imaxinación despregada. Neste libro todo é desbordante, física e emocionalmente. As nocións de casa e de arte tambaléanse. O embarazo e a maternidade expándense nos ámbitos simbólicos da vida cotiá e a propia vida supera en brillo aos límites do destino. Estamos ante unha obra incomparable, un exercicio escintilante que refunda a arte dirixida ao público infantil.

María do Cebreiro [Compostela, 1976] é poeta e ensaista, autora dunha serie de libros que a converteron nunha das referencias da literatura nova en galego. Entre os seus poemarios, figura A lentitude, publicado en Chan da Polvora e integrado nunha triloxía que comparte con Os inocentes e O deserto. Quería contarche o que é unha casa supón a súa primeira achega á poesía para crianzas. Tamén indagou no feito de ser nai co ensaio Maternidades virtuosas.

Antón Lamazares [Lalín, 1954] é autor dunha obra vertebrada polo diálogo entre a pintura e a poesía. Desde os seus comezos, internouse nunha viaxe ás orixes, na súa afirmación do mundo primitivo da aldea e do homo faber, pero tamén nesa exploración abismada nos fíos, onde se tece o que el considera a confluencia da alma, da arte e da palabra. O seu proceso artístico avanza desde un inicial expresionismo lúdico cara á arte informalista e abstracta, nunha progresiva esencialización. Acada a súa manifestación máis singular nos últimos anos co Alfabeto Delfín, que funde o pictórico e o poético a través dun alfabeto inventado –“cristiano e labrador”, asegura– e constitúe a culminación do seu proceso pictórico. 

_____

Chan da Pólvora 12-2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • O TEU PERFIL NA MIÑA SOMBRA

    VEGA, REXINA
    €16,70

    Diario dunha nai. Oteu perfil na miña sombra non é exactamente unha narración, tampouco unlibro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de...

    Ver todos os detalles
  • A LENTITUDE

    María do Cebreiro
    €16,00

     “A lentitude”, reivindicación de María do Cebreiro fronte ás presas da presión social.O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014...

    Ver todos os detalles
  • A LIÑA DA VIDA

    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    €16,00

      Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da ...

    Ver todos os detalles
  • DE CERTO, A VIDA ÍA EN SERIO

    Xela Arias
    €17,00

    A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, “Chan da Pólvora” reconstrúe a personalidade e a obra de Xela Arias nunha antoloxía d...

    Ver todos os detalles
  • AS CASAS

    AS CASAS

    Carlos Lixó
    €13,00

    xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pa...

    Ver todos os detalles