Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS DERRADEIROS DÍAS DE ULISES E PENÉLOPE

€14,90
ISBN 9788419438140

Ulises apoiou o seu corpo contra a vella maceira lindeira coa horta e volveu suspirar, agora máis disimulado. Miraba o infinito por riba das fabas e das plantas dos tomates, relucentes como boias nun mar ao sol.
-Na terra hai unha certeza: por ela non anda Poseidón. Non hai nave que gobernar nin tampouco tripulación. Simplemente vive aquí un vello piloto e a súa derradeira esperanza no mundo, Penélope.

Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tomadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis.

____

Editorial: Medulia 10- 2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • UN RESPLANDOR DE LÚA. A OLA

    EMILIO ARAÚXO
    €20,00

    Algunhas páxinas de barro para revisitar o universo da olaría a través da figura da ola. As sombras de sentimento de forma indesgastada das olas aí...

    Ver todos os detalles
  • A MAXIA DA AUGA

    Afonso Eiré
    €25,00

    Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga. Galiza é terra de augas. E hai ...

    Ver todos os detalles
  • A SOIDADE DAS MEDUSAS

    A SOIDADE DAS MEDUSAS

    Iria Collazo López
    €10,00

    Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a sú...

    Ver todos os detalles
  • ESPANTALLO AMIGO

    Librería Abrente
    €10,30

    Adaptación á lectura fácil de Désirée Silva Bernárdez A figueira do tío Ramón de Reborneda dá os mellores figos da aldea; pero os merlos tamén o s...

    Ver todos os detalles
  • O SONO DAS SEREAS

    O SONO DAS SEREAS

    Xosé Antonio Neira Cruz
    €14,50

    Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terribleÁ sombra del, ao longo dos séculos de silencio e ...

    Ver todos os detalles