Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A VOZ DO MOSQUITO

€17,90
ISBN 9788410324398
O formato literario de relatos curtos permite definir sentimentos diferentes en cada un deles, baixo o paraugas da fina ironía e profundidade de pensamento do autor, Francisco García Novio.
Algúns relatos recorren ás argucias do misterio e o aprovio da intolerancia como “A morte de Marcelo”, baixan o mundo proceloso da subcultura con “Edesio Becerra, o “cobra” ou “Fol de veleno”.
Outros falan do amor e do desamor como “A voz do mosquito” que dá título a todo o libro, “Terrible dilema”, “Non todo o monte é ourego”, “ Viaxe a ningures”, nos que se reflicte o proceso amoroso, sazonado ás veces con ironía ou certo dramatismo que os converte en traxicomedia. “O motorista invisible” mostra o descubrimento por parte dun neno das cuitas dos adultos.
En “Bocartes mariñaos”, “Benvido e a morte do seu pai”, “ O atentado de Alexandre Rodríuez”, “O aniversario de Xan Manteiga”, “O irmán”, “Viño natural”, falan das cousas da vida, indo un pouco máis alá do que son os feitos en si mesmos. Hai que deixarse levar pola maxia das palabras.
“O home que vivía na marisma” e “Os matavacas” á marxe da historia en si mesma, mostran aspectos da natureza humana que brincan diante de nós.

____

Editorial: Medulia 10- 2024 
Idioma: Galego