Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LUGARIÑO

€16,00
ISBN 9788412473162

O lugariño é un libro sobre un lugar [O Arnuíde natal de Iago González] pero tamén sobre o rural galego, co esplendor da voz dun poeta que o canta cunha voz fresca, como auga que acaban de sacar dunha mina. Porén, o que máis brilla neste libro longo e denso, complexo na súa vontade totalizadora, é a xente, as persoas, que o poeta vai enumerando como un notario que levanta acta dunha extinción.

O propio Iago González considera que a esencia do libro podería resurmirse nestas palabras: “Non algo en concreto impulsa en certa eclipse da velocidade da mente a solapar as miradas discordantes e arrítmicas dos seres pouco comúns dunha comunidade, a refractarse no silencio. Non algo en concreto. Nin todo. A suor impermeable da man escorrendo do prominente material que ateiga e colapsa as extremidades no presente construíndo, refacendo, sostendo, investigando… non. Tampouco as feraces ramas que abrollan da criatura vexetal máis nimia e enigmática endexamais intuída, que preside radiante algún poema ditado destes marcos… Que son apelidos e nomes nun recuncho dun lugar?”.


Iago González (Arnuíde, Vilar de Barrio, 1999) séntese entroncado «coa sabedoría dos maiores e coa insondable beleza dos lameiros e da serra, na xenealoxía das mazaíñas pequenas e irregulares que non teñen nada que temer nin que tremer». en ourense, baixo o maxisterio de olga novo, rodou «carreiro arriba sen despegar a carabuña do fogar e aprendendo das infinidades e infinitudes do coñecemento profundo, admirando entre lúcidos compañeiros e profesores sensibles, humildes e soberanos mestres». Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, Iago González subliña que se sente herdeiro da cultura popular, enxertado “na tradición serodia, na píbeda rural, na canción dos falares, na redención dos dicires, na curación dos poemas e na relixión dos amores. sucando na aventura dos mundos o xerme vivo da natureza prístina. recibindo a cor sen dor.

_____

Chan da Pólvora 09-2022
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • SIMÚN

    Nuria Vilán Prado
    €18,00

    “neste lugar / hai unha certa violencia na forma de articular a palabra / verdade”, escribe a autora nesta sorprendente estrea literaria. Simún non...

    Ver todos os detalles
  • RETALLOS DAQUELA INFANCIA

    RETALLOS DAQUELA INFANCIA

    Bautista Álvarez
    €17,00

    Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa "anda...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • O LUGAR ONDE VOU

    Vicente Araguas
    €16,70

    Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que imp...

    Ver todos os detalles
  • AS CASAS

    AS CASAS

    Carlos Lixó
    €13,00

    xxx Premio Nacional de Poesóa Xosé María Pérez Parallé  Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991) gañou o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Pa...

    Ver todos os detalles