
Silvia Garcia comenzou a coleccionar fotografías anónimas adquiridas en mercadillos e a través de internet. Sobre esa base, intentou buscar un fio que lle permitise albiscar a pose e a maneira na que as mulleres e as nenas aparecen nas fotografías: como miraban a cámara e como traslucían se estaban cómodas ou non. Aí comenzou a súa curiosodade polo silencio, polo que cada nena cala, a súa incomodidade pero tamén o seu acomodo a unha realidade que lle ven dada.
____
Editorial: Chan da PolvoraIdioma: Gallego