Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LONG PLAY

€16,85
ISBN 9788491212935
"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía".

Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías. A "forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún "riff" de humor –se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!– e evasións cara "outros territorios posíbeis"; concíbese o propio proceso de creación como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A "ledicia blue" que agroma do triste.A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    NA DEFENSA DOS ANIMAIS

    Roberto Abuín
    €18,00

    Entre a literatura e o pensamento ábrense territorios que a racionalidade mitopoética explorou ao longo dos séculos. Un deses lugares comúns no que...

    Ver todos os detalles
  • MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO

    MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO

    Pablo Nogueira
    €14,95

    Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acr...

    Ver todos os detalles
  • REFLEXIÓNS

    REFLEXIÓNS

    Librería Abrente
    €9,90

    Explicáronme que todo o que vexo son reflexos. Dixéronme que o mar non ten cor, que todo o máis reflicte a luz e deixa ver algo do que ten no fondo...

    Ver todos os detalles
  • A NENA E O GRILO

    A NENA E O GRILO

    Magín Blanco
    €20,50

    Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. ...

    Ver todos os detalles
  • DESPOIS DE TI, A CHUVIA

    DESPOIS DE TI, A CHUVIA

    XOSE CARLOS CANEIRO
    €24,50

    Poesía, música e Caneiro en estado puro.Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética...

    Ver todos os detalles