
Autora viguesa de longa traxectoria, é unha das voces máis recoñecibles e prolíficas da xeración dos 90. labirinto ou memoria é un conxunto de textos intimistas que indagan nos mecanismos da memoria e en como esta se converte en materia poética. Trauma, esquecemento, fantasmas, obxectos, a herdanza ou a casa son os fragmentos da memoria que nos queda e que sempre é necesario recompoñer.
____
Editorial: Caldeirón