Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DIARIO DA CASA GRANDE

€18,00
ISBN 9788409150434
XVII PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN 2019

A Casa grande é o símbolo do seu mundo familiar, da terra natal, da infancia evocada a través das páxinas dun libro dedicado á memoria da súa avoa Manoela, do seu pai e dos tíos Celia e Emiliano na casa do Rodo. E dunha maneira máis ampla, a Casa grande é incluso un símbolo de Galicia. O volume contén tamén outra paisaxe vital importante, a de Ondara (Alacant), "fermosa, chea de luz e mar, de acollida, pero na que está o sentimento do exilio, da perda das raíces", explica o académico de honra, catedrático emérito da Universitat de València. Unha perda marcada pola distancia física, pero sobre todo polo paso do tempo. "A vivencia do tempo demoucador percorre todo o libro, é fundamental nel: como o tempo destrúe todo e acaba coas arelas máis fondas, con esa arela de querer volver ao mundo que se tivo", conclúe. E así e todo, o Diario da Casa grande tamén lle permite ao lector gozar por momentos das celebracións cotiás compartidas cos seres queridos na Casa grande: "Segue a conversa, delongada nestas horas felices, / seguen os recordos, a alegría / daqueles anos de xuventude, deste día / do verán e de volta á Casa".

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles
  • A CASA DO PAI

    Karmele Jaio
    €16,50

    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de blo...

    Ver todos os detalles
  • BRASIL NO CENTRO

    BRASIL NO CENTRO

    Xavier Rodríguez Baixeras
    €23,70

    Un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que...

    Ver todos os detalles
  • VIRTUDES (E MISTERIOS)

    VIRTUDES (E MISTERIOS)

    Xesus Fraga
    €19,70

    Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato d...

    Ver todos os detalles
  • FÓRA DE SI

    FÓRA DE SI

    Suso de Toro
    €17,00

    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moi...

    Ver todos os detalles