Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DESVELANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA

€15,00
ISBN

NOVIDADE

Un libro en que o autor continúa o esforzo por restaurar a verdadeira Rosalía. 

Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro(1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.

Reunimos aquí unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenmanente asumida.

Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.

___

Editorial: TEMPO GALIZA 06-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • OBRAS CASTELAO T.I

    OBRAS CASTELAO T.I

    Castelao
    €26,00

    Por primeira vez nun só volume todas as obras literarias de Castelao.Todas as obras de ficción de Castelao aparecen reunidas neste tomo. A edición...

    Ver todos os detalles
  • ROSALÍA DE CASTRO. A LUZ DA OUSADÍA

    Diego Pardo Amado
    €12,00

    Rosalía de Castro. A luz da ousadía abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no s...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.V

    OBRAS CASTELAO T.V

    Castelao
    €28,15

    O Diario 1921 e outros textos sobre a arte nun só volume. Este libro reúne os escritos de Castelao sobre a arte, un dos seus grandes temas. Inclúe ...

    Ver todos os detalles
  • CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA

    Valentín Paz-Andrade
    €40,00

    Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do nos...

    Ver todos os detalles
  • PARA LER A CASTELAO T.I

    PARA LER A CASTELAO T.I

    VV.AA.
    €27,10

    Tomo de apoio ás Obras de Castelao que inclúe material valiosísimo para estudosos e curiosos. Estrutúrase en tres partes. Na primeira M. A. Sei...

    Ver todos os detalles