Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O ENIGMA DO SEGREDO

€11,00
ISBN 9788493885922

Anterior na súa concepción a A voz da auga, O enigma do segredo publícase posteriormente a esoutro poemario por vicisitudes do mundo editorial galego. A voz lírica de María do Carme Kruckberg achégase ao pasado con sabedoría e coñecemento, pero afronta o futuro coa emoción do descoñecido, sempre co amor -o enigma– como postura existencial.

María do Carme Kruckenberg naceu no ano 1926 en Vigo, cidade onde aínda reside. Lectora da poesía galega e de varos países do mundo revela moi cedo a súa paixón pola palabra escrita e especialmente pola poesía. No ano 49, tras unha participación activa no movemento cultural vigués dos anos 40, casa e marcha a Buenos Aires, onde reside ata o 53. Alí entra en contacto con importantes intelectuais no exilio. De volta a España pasa por Madrid, onde contacta cos escritores da revista Garcilaso. As viaxes son, xunto coa literatura e os amigos, outra das súas paixóns e fonte de coñecemento, pois, como ela mesma sostén: “o que máis me interesa no mundo é o coñecemento, a liberdade e o amor: por iso escribo”.
É autora de máis de vinte poemarios, varios contos e diversas colaboracións en revistas. A súa poesía está recollida en varias antoloxías en galego, castelán e inglés.

____

 Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • A VOZ DA AUGA

    Mª do Carme Kruckenberg
    €12,00

    A voz da auga é, pola propia vontade da autora, o seu derradeiro poemario, e vén completar unha singradura poética comezada moitos anos atrás. A ma...

    Ver todos os detalles
  • O SEGREDO DE AL'EUME

    Pilar Ortega Pereiro
    €15,50

    Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e consegui...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • AS GRATITUDES

    Delphine de Vigan
    €15,00

    A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que xa non pode vivir soa e ingresa nunha residencia da terceira idade. A afas...

    Ver todos os detalles
  • A LIÑA DA VIDA

    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    €16,00

      Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da ...

    Ver todos os detalles