Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COLECCIÓN BENITO SOTO DE POESÍA (EDICIÓN FACSÍMIL COMPLETA)

por VV AA.
€29,95
ISBN 9788486845551

Edición facsímile das 13 obras orixinais dos poetas Negreira, Torres, Álvarez Blázquez, Cunqueiro, Barros, Carballo Calero / Carvalho Calero, Alonso, Pimentel, Manuel María, Ruibal, Casas, Fabeiro e Pérez Creus.

Autores:

NEGREIRA, Emilio / TORRES FERRER, Sabino / ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Emilio / CUNQUEIRO, Álvaro / BARROS, Tomás / CARBALLO CALERO, Ricardo / ALONSO RODRÍGUEZ, Eliseo / PIMENTEL, Luis / MARÍA, Manoel / RUIBAL, José / CASAS, Augusto / FABEIRO GÓMEZ, M / PÉREZ-CREUS. 

A COLECCION BENITO SOTO
Senriámo-la morre de Ciudad coma a dun bo amigo. Deixou na alma, no cotián que facer, un difícil baleiro que non sabiamos como encher.
Seguía reunindome con Cuña e con Negreira na vella redacción de Ciudad, convertida agora en almacén de papel. Ah, nun curruncho, durmía a vella mesa de redacción, que parecía avergoñada da súa inacrividade, e pola fiestra do patio sempre cheo de flores, seguían chegando na tardiña, as notas da Orquestra de Cámara, repasando unha e mil veces, a Pequena Música Nocturna de Mozart.
Tiña unha idea, e expúxena nunha desas reunións na vella redaccion: «Vou editar libros de versos. Os nosos libros, os libros dos nosos amigos.

Faremos unha colección de libros, sen permisos oficiais, sen dar conta á censura, senón ó noso corazón.., como corresponde á verdadeira maneira de entender a poesía: ceibe. Será unha colección pirata.»
«Enrón —Interviu Alvarez Negreira— se é pirata, ¿por que non líe chamamos «Benito Soro?» Gusrounos a idea e non era mala cousa adicar o noso esforzo editorial a unha figura pontevedresa, tan interesante, como era o pirata da Moureira, de alma delicada, barba laura, ollas azuis, corazón duro e empaque distinguido, como a describiría
Ferreiro, nunha folía de propaganda que editamos....

____

Editorial: Deputación de Pontevedra 1991
Idioma: Galego