Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CALDALOBA EN TERRAS DE VALVERDE

€9,50
ISBN 9788416460670
1º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

O libro de poemas Na pel das árbores do vento de Paulino Peña (Vilardevós, Ourense, 1960) recibiu en 2019 o 2ª Premio da primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito (Lugo). Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro. Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito. O xurado destacou “a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba”. Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) é poeta, narrador, ensaísta e tradutor de dilatada traxectoria. Iniciouse moi novo na creación, sendo alumno no Instituto de Lugo. Membro da promoción poética de 1968 e antologado en Os novísimos da poesía galega (1974), en 1977 subscribe o manifesto de renovación Cravo fondo. Con Helena Villar ten colaborado en varios proxectos creativos e didácticos. Obtivo, entre outros, os premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés. Obra poética principal: Xuntos cara o mañán (1969), O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Cabeleira de pedra (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006) e Lugar do canto (autoescolma bilingüe, 2008).  En 2013 publica en Alvarellos Editora Sobre ruínas, premio da Asociación Galega de Editoras ao Mellor Libro de Poesía do ano, Premio Fervenzas Literarias 2013 ao mellor libro de poesía e libro de poesía finalista nos Premios da AELG. De 2018 é Memoria do corpo (Galaxia), poemario que, de novo, será recoñecido na Gala do Libro Galego como Mellor Libro de Poesía do ano. En 2019 Xesús Rábade prepara as súas memorias literarias.
 


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • DIARIO DUN ENTERRO

    DIARIO DUN ENTERRO

    Gonzalo Hermo
    €14,70

    Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 201...

    Ver todos os detalles
  • PAPÓNS

    Vidal Portabales, Ignacio
    €17,00

    PREMIO ALBERTE QUIÑOI ÁLBUM ILUSTRADO, 2024 A Inés encántalle pasar tempo coa avoa e cultivar a horta con agarimo. Un...

    Ver todos os detalles
  • OS LIBROS QUE HAI EN MIN

    Enmma Pedreira
    €16,50

    Cando unha pensa que un día sen ler é un día perdido, o fai en calquera parte e o comparte nas redes sociais, corre o risco de que unhas editoras a...

    Ver todos os detalles
  • NON TRABES NA LINGUA

    NON TRABES NA LINGUA

    Iria Collazo López
    €13,00

    Trabalinguas A lingua hai que coidala, e non trabar nela, porque é un ben grande que temos. Un agasallo que o autor nos fai facendo o que mellor ...

    Ver todos os detalles
  • OS TEUS DEDOS NA MIÑA BRAGA CON REGLA

    Lupe Gómez
    €15,00

    Cando pasaron xa dúas décadas da publicación de Os teus dedos na miña braga con regra, de Lupe Gómez, e coincidindo co lanzamento de Así fala Penél...

    Ver todos os detalles