
O recordo, aquí catártico porque axuda a curar feridas, está construido a partir dun compendio de pequenas estampas evanescentes, que, acompañadas dunha imaxe tamén inconsistente, nos amosan algunhas das andanzas desa Unicornia Branca protagonista, que debe aprender a escapar do amor cando é gaiola e atopar de novo a liberdade.
Palabras e imaxes sinxelas froito da imaxinación, da sensibilidade e da tenrura sen couto de dous artistas, que se unen nesta obra para falar das verdades cristalinas ou labirínticas da vivencia amorosa cun ton torrencial e onírico que, redimensionando o xogo lingüístico e visual do non sense, constrúe un macrotexto reflexivo no que o amor como posesión alienante e, por tanto, inferno, se torna obxecto de reflexión e análise crítica.
____
Editorial: Medulia 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 144
NARRATIVA